III FASE DA LIGA GALEGA DE FORMAS DE BOXEO

O vindeiro 24 de febreiro a partires das 11 da mañá, terá lugar a III Fase da Liga Galega de Formas en Lugo, nas instalacións do Complexo Deportivo O Palomar. Estará organizado polo Boxing Club Cidade de Lugo e a Federación Galega de Boxeo e será a primeira competición destas características que se desenrola en Lugo.


A Liga de Formas dividese en tres categorías: a primeira, a categoría infantil (de 6 a 16 anos); a categoría de veteranos (máis de 35 anos); e por último a categoría de diversidade funcional.
As probas nas que se dividen son catro que serán valoradas por dous xuices cada unha. En primeiro lugar está a proba da comba, onde os deportistas amosaran as súas habilidades; despois temos a proba de sombra, que consiste en facer movementos de combate contra o que sería un rival imaginario, onde os deportistas deberán amosar a sua técnica e velocidade; a terceira proba son as manoplas, onde o deportista acompañado do seu adestrador executarán movementos e combinacións de golpes onde amosaran técnica, velocidade e pegada; a última proba será a de saco, posiblemente a máis evidente, consiste en traballo individual co costal onde o deportista terminará de amosar os seus coñecementos.
Unha competición de boxeo sen ningún tipo de contacto

0 Comentarios

El más antiguo