
O pasado venres estivemos na Velada de Boxeo en Coruña onde se celebraron varios combates clasificatorios para o Campionato Galego de Boxeo e algunha final. Dende o Boxing Club Cidade de Lugo desplazámonos con Cristian Trujillo que se enfrontou a Adrián Miraz do PlanasBox da Coruña. Durante o primeiro asalto o combate foi bastante igualado, pero no segundo un golpe lateral do coruñés enviou o noso púxil á lona deixandoo bastante tocado polo que o árbitro parou o combate. Cristian Trujillo queda fóra do Campionato e felicitamos a Adrián Miraz pola súa victoria e desexámoslle sorte para a final deste sabado.
Este é o primeiro nocaut en centos de combates que levamos dende que empezamos co clube.
No hay comentarios:
Publicar un comentario