luns, 25 de novembro de 2013

Resultado de Cristian Trujillo en Gijón

O pasado venres 22 de Novembro acudimos con Cristian Trujillo "o Cachorro de Vilamor" a unha Velada de Boxeo Internacional en Gijón organizada pólo Clube Deportivo Tíbet, onde se disputaron 11 combates, 7 de boxeo amateur ou afeccionado e 4 de boxeo profesional e dentro destes o Campionato de España do peso wélter entre o mallorquín José "el Niño" del Río e o asturiano Aitor "el Diamante" Nieto. Nesta Velada deronse cita máis de 6000 persoas.

O combate de Cristian Trujillo "o Cachorro de Vilamor" celebrouse a estancia de 3 asaltos de 3 minutos cadanseu, na categoría de boxeo afeccionado e no peso medio (menos de 75 kg), onde se enfrontou ó púxil armenio afincado en Asturias, Avetik "el Bombardero" Gevorgyan, pertencente ó Club Deportivo Tíbet, un púxil de dilatada experiencia tanto no campo amateur como na xa extiguida categoría neoprofesional. Foi un combate moi equilibrado no que ambos púxiles realizaron variados intercambios de golpes. Finalmente a tribuna arbitral decidiuse pólo púxil local rompendo a racha de 7 victorias consecutivas do lucense e deixándonos cunha derrota con sabor a victoria.
O árbitro levantando o brazo de Avetik o pasado venres.
Para cerrar esta excelente Velada disputouse o cinturón nacional do peso wélter entre o mallorquín José "el Niño" del Río a cargo de Rimerbox, a coñecida promotora de Ricardo Sánchez Atocha e o local asturiano, pertencente ao Clube Deportivo Tíbet, Aitor "el Diamante" Nieto. O púxil asturiano que xa loitara sen sorte polo cinturón nacional do peso super welter fronte ó galego Iván Sánchez "Dinky" realizou un moi bo combate fronte a del Río. Os primeiros 4 asaltos foron bastante igualados, mantendo bastante as distancias. No quinto asalto houbo un par de intercambios de golpes destacables, sen embargo os bos golpes chegarían no octavo asalto, no que Aitor Nieto cunha excelente dereita no queixo do mallorquín logrou tambalealo aínda que este último foi quen de recuperarse rapidamente e seguidamente del Río noutro intercambio de golpes meteu un jab entre a guardia do seu rival que impactou de cheo na cara do asturiano. Nos dous derradeiros asaltos volveron a manter ás distancias. A decisión dos xuíces foi unánime a favor do asturiano que se alzou co título.

Queremos agradecer o Clube Deportivo Tíbet o feito de contar connosco, felicitalos por esta fantástica Velada de Boxeo e do mesmo xeito queremos felicitar a Aitor Nieto por ese cinturón tan traballado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario