luns, 18 de novembro de 2013

Cristian Trujillo peleará este venres en Gijón

O vindeiro venres 22 de Novembro dende o Boxing Club Cidade de Lugo desplazaremonos ata a capital asturiana co noso púxil Cristian Trujillo "o Cachorro de Vilamor" que se enfrontará ó experimentado púxil Avetik Gevorgyan natural de Armenia que xa ten disputado combates na categoría neoprofesional. Esperamos sumar unha victoria máis no excelente ano de Cristian Trujillo.


Na mesma velada disputarase o Campionato de España do peso superwélter entre o mallorquín José "el Niño" del Río e o asturiano Aitor "el Diamante" Nieto.


Ningún comentario:

Publicar un comentario