mércores, 30 de outubro de 2013

Trujillo e Álvarez nas Semifinais do Campionato Galego de Boxeo

O vindeiro venres 15 de Novembro estaremos en Vigo, no Pavillón de Labradores de Vigo onde se celebrarán as Semifinais do Campionato Galego de Boxeo. O noso púxil, J.L.Álvarez "Rocky Jr" enfrontarase a David Ruiz no peso semipesado (menos de 81 kg) loitando pola clasificación para a final deste Campionato.

Ademáis o noso outro púxil que nos representará nestes Campionatos,Cristian Trujillo "o Cachorro de Vilamor" terá o seu combate de Semifinais o vindeiro 6 de Decembro na Coruña onde se enfrontará a Adrián "el Cazador" Miraz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario