luns, 7 de outubro de 2013

Resultados Frontón de Riazor 4 de Octubre

O pasado sábado acudimos a Velada de Boxeo e Kick Boxing no Frontón de Riazor onde se deron cita dous púxiles do Boxing Club Cidade de Lugo.

Inicialmente tamén competiría Cristian Trujillo "o Cachorro de Vilamor", pero unha lesión do seu rival, Adrián Miraz no último intre non fixo posible que se disputase este combate.

Alexandru Arhip  do Boxing Club Cidade de Lugo enfrontouse a Diego "O Ferro" Couceiro do PlanasBox. No primeiro asalto uns golpes do coruñés impactaron no púxil lucense desgastandoo bastante, pero no segundo asalto o lucense conseguiu nunha arrincada desgastar tamén ao seu contrincante, pero ca mala sorte de lesionarse a man esquerda, que tras o exame médico resultou ser unha rotura do cuarto óso metacarpiano.

Camilo Girón do Boxing Lugo enfrontouse a Ito García "Pistón" do PlanasBox nun combate bastante igualado, pero que finalmente se decantou polo coruñés que posuía unha maior envergadura.

Alexandru Arhip (azul) durante o combate

Ningún comentario:

Publicar un comentario