luns, 30 de setembro de 2013

¡O venres día 4 estaremos en Coruña con catro competidores!

O próximo venres día 4 estaremos competindo na Coruña nunha Velada Mixta de Boxeo e Kick Boxing.
Estarán Tania Alexandra (Subcampiona Galega) do Boxing Club Cidade de Lugo contra Montse "Piraña" Rey do PlanasBox no peso galo (menos de 54 kg) a estancia de 4 asaltos de 2 minutos cada un.
Camilo Girón "o Vacunador" do Boxing Club Cidade de Lugo contra Ito García "Pistón" do PlanasBox no peso wélter (menos de 69 kg) nun combate de 3 asaltos de 3 minutos.
Alexandru Arhip "Dutroff" peso medio (menos de 75kg) contra Diego "O Ferro" Couceiro do PanasBox.
E finalmente Cristian Trujillo "O Cachorro de Vilamor" (Campión de Galego "Promesa) contra Adrián "O Cazador" Miraz do PlanasBox no peso wélter.


Ningún comentario:

Publicar un comentario