domingo, 28 de xullo de 2013

I Velada de Boxeo en Escairón ( O Saviñao) 2 de Agosto 20:45

O próximo 2 de Agosto ás 20:45 terá lugar a I Velada de Boxeo en Escairón.


A Velada está organizada polo Boxing Club Cidade de Lugo e Micky, entrenador do Ximnasio Neka de Monforte de Lemos, contando ca colaboración do Excmo. Concello de O Saviñao.

Disputaranse 6 combates de boxeo olímpico, onde estarán por parte do Boxing Club Cidade de Lugo Camilo Girón (64kg) de nacionalidade colombiana, contra o púxil asturiano del club Asturbox,  Illán Manso,  no segundo combate Alexandru Arhip do Boxing Lugo enfrotarase ó púxil, tamén asturiano, Pablo Paez na categoría do peso medio, no terceiro combate estará a subcampiona galega do Boxing Club Cidade de Lugo, Tania Alexandra Vaz( menos de 56 kg) que se enfrontará á púxil leonesa, Maria Perrino, do club Coralín.

No cuarto combate Julen Barbazan, vasco do Boxing Club Cidade de Lugo enfrontarase  no peso pesado a Javier Reiva do club Asturbox. No quinto combate J.L.Álvarez "Rocky Junior" enfrontarase ó púxil dominicano Edwin Eduardo, pertencente ó club Coralín de León.

E no combate estelar, o recientemente proclamado Campión Galego, Cristian Trujillo "o Cachorro de Vilamor", natal de Escairón enfrontarase a David Díaz do club Asturbox na categoría do peso medio (menos de 75 kg).



Ningún comentario:

Publicar un comentario