xoves, 18 de xullo de 2013

Gran Velada de Boxeo en Escairón (O Saviñao) 2 de Agosto 20:45


O próximo 2 de Agosto, ás 20:45 terá lugar a I Velada de Boxeo en Escairón, no pavillón municipal de Escairón, dentro do programa das Festas Patronais.

A Velada está organizada polo Boxing Club Cidade de Lugo e Miky, adestrador do ximnasio Neka de Monforte de Lemos, contando ca colaboración do Excmo. Concello de O Saviñao.

Disputaránse 6 combates de boxeo olímpico, onde estarán Camilo Girón (peso wélter-lixeiro) de nacionalidade colombiana e medalla de bronce no Campionato Galego, Tania Alexandra Vaz (peso lixeiro) de nacionalidade portuguesa e subcampiona galega, Alexandru Arhip (peso medio) de nacionalidade rumana, Julen Barbazan (peso pesado) nado no País Vasco e afincado en Lugo, J.L.Álvarez "Rocky Jr." (peso pesado) medalla de bronce no Campionato de España e o local de o Saviñao, Cristian Trujillo "O Cachorro de Vilamor" (peso medio), Campión Galego de Boxeo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario